Abiertos de martes a domingo - Teléfono de atención 614 209 504

Museo Mares de Cedeira

No ADN de Cedeira e, de cada un dos seus habitantes, está o mar. Foi o mar o que deu a esta vila unha identidade propia, o que marcou a súa historia e o que marca o seu día a día.

O Museo Mares de Cedeira nace para poñer en valor o patrimonio material e inmaterial mariñeiro. Un lugar para conservar a historia dun pobo ligado ao mar nun momento en que as tradicións vanse perdendo e os tempos van cambiando os costumes, as crenzas, os obxectos, os aparellos e as embarcacións. Un museo para ensinarlle aos mozos como traballaban os seus devanceiros e para que non esquezan de onde veñen. Un museo para ensinarlle aos nosos visitantes a nosa historia, a nosa maneira de entender a vida. Un museo para homenaxear aos homes e mulleres de Cedeira, os que con case nada foron capaces de facelo todo.

Embarcacións, aparellos, motores, rapetas para capturar percebe, “raños” para coller berberechos, fotos, fósiles de antigos cetáceos, cunchas, obxectos que devolve o mar... Pezas coas que tentar reconstruír a memoria dun pobo.

O Museo Mares de Cedeira é un proxecto colectivo ao que a Asociación Mares de Cedeira puleu. Comezou cun grupo de persoas que reuniu as súas coleccións particulares de instrumentos de navegación, de aparellos de pesca e de diferentes obxectos relacionados co mar. Coleccións ás que se foron sumando pezas de todo o pobo que cedeu e doou obxectos persoais, herdanzas familiares, recordos... para encher de vida este espazo no que reivindicar a nosa historia mariñeira e as nosas tradicións.

A Asociación Mares de Cedeira contou coa colaboración do Concello de Cedeira e da Confraría de Pescadores de Cedeira para embarcarse neste proxecto. Todos remaron xuntos para poñer en marcha o museo que en xullo do ano 2016 abriu por primeira vez as súas portas. Benvid@s ao museo Mares de Cedeira, A Memoria dun Pobo.

Tarifas

Visitantes maiores de 10 anos:2 €
Visitantes de 3 a 10 anos:1€
Visitantes menores de 3 anos:gratis
Escudo Concello Cedeira

Concello de Cedeira

Parte importante deste proxecto foi a colaboración do Concello de Cedeira.

Coñéceo

Logo asociacion museo Mares de Cedeira

A asociación

A Asociación Museo Mares de Cedeira é a base pola que se creou este museo para tódolos ciudadáns e visitantes de Cedeira.

Queres saber máis

Logo cofradia de pescadores de Cedeira

A Confraría

Este museo é por e para a xente que vive e visita Cedeira e Galicia, pero sen dúbida algunha, parte do logro é grazas á axuda da Confraría de Pescadores de Cedeira e a os homes e mulleres que forman ou formaron parte dela nalgún momento.

Coñece algo mais