Abiertos de martes a domingo - Teléfono de atención 614 209 504

Móstrase nesta sala un importante número de maquetas de barcos que formaron parte da frota de Cedeira. A sala conta con tres embarcacións a tamaño natural. Exhíbese un bote de remos construído nos anos cincuenta e unha lancha motora dos anos sesenta que naceu como bote de vela para péscaa pero ao que se lle incorporou un motor intrabordo. Forma parte desta colección unha das poucas dornas que se coservan en Galicia con vela, remos e temón. Embarcacións que mostran o bo facer dos “carpinteiros de ribeira” de Galicia e da vila de Cedeira, unha profesión xa case en extinción que o museo quere reivindicar neste sala coas embarcacións e cun banco de traballo dun dos últimos “carpinteiros de ribeira” de Cedeira.