Baixo este epígrafe de “ retales da historia” quixemos recompilar fondos de varias salas do museo porque todo teñen un denominador común; son pedazos que conta mil historias relacionadas co mar. Hai fósiles mariños que os mariñeiros de Cedeira capturaron nas súas redes cando pescaban nos caladoiros da zona de Cedeira. Pezas que serviron a moitos científicos para facer teses doutorais sobre os antigos cetáceos. No museo pódese ver parte da dentadura dun Megalodón, unha especie que desapareceu fai dous millóns e medio de anos.
Mares de Cedeira conserva documentos antigos como un libro de compra de lagosta que data do século XIX, vellos aparellos cos que os barcos se comunicaban antes das novas tecnoloxías ou motores que fixeron navegar barcos de vapor. Móstrase unha xanela e un timbre da alarma dun dos remolcadores que participou no desembarco de Normandía.