1
2
3

4

Quen somos?

O Museo Mares de Cedeira é unha iniciativa cultural museística nacida da colaboración do Concello de Cedeira, a Confraría de Pescadores de Cedeira e a Asociación Mares de Cedeira para poñer en valor o traballo pasado e presente dos nosos homes e mulleres do mar, favorecer que se coñezan os seus medios de traballo e difundir a cultura mariñeira entre os cidadáns do noso pobo, os visitantes e os nenos e nenas dos colexios da Vila e dos concellos da contorna que queiran visitarnos e participar nunha xornada de aprendizaxe no Museo.

Sala de Embarcacións

Esta sala amosa unha importante colección de maquetas de barcos que formaron parte da flota cedeiresa, así coma outros significativos nas diferentes artes. Así mesmo conserva tres embarcacións tradicionais que son parte importante do patrimonio pesqueiro galego.

Un antigo bote de remos, unha lancha motora nacida como bote de vela para a pesca nos anos 60, e unha Dorna, embarcación tradicional galega recuperada polo Museo Mares e Cedeira para coñecemento xeral dos seus vistantes.

SALA DE ARTES DE PESCA, NAVEGACIÓN E FÁBRICAS DE SALGADURA.

Presentase neste espazo un conxunto de artes de pesca, anzois, liñas, poteiras, etc. así como artes de rede tradicionais hoxe desaparecidas. A atarraia, rapeta, bou ou cuchara, forman parte desta Sala

Os visitantes poden contemplar diferentes tipos de farois, boias e fondeos, así como as poutadas, escandallo, etc.

As doce fábricas de salgadura e conserva que tivo Cedeira están aquí representadas con maquetas e pezas moi significativas. Os motores e as artes das mariscadoras e percebeiros tamén se poden coñecer aquí.

Sala Especial

A sala especial do museo presenta unhas coleccións únicas. Dende pezas dun buque que estivo presente no Desembarco de Normandía o 6 de xuño de 1944 ata unha completa e chamativa colección de crustáceos mariños de Galicia e do mundo.

Destaca así mesmo unha impactante colección de pezas atopadas no mar, entre as que podemos ver fósiles ou vértebras de cetáceos.

O deporte mariñeiro é un escaparate ao deporte do mar practicado en Cedeira dende sempre.

Mención especial merece a colección de malacoloxía “Manuel Suárez” composta dun catálogo fermosísimo e raro de bivalvos e gasterópodos presentes en Galicia, así coma outras moitas de auga e mesmo terrestres galegos e do resto do mundo. Sen dúbida a xoia da coroa de Mares de Cedeira.

Un museo para persoas

Nós queremos agradecer a Confraría do Pescadores de Cedeira, o Concello de Cedeira ea Asociación Mares Cedeira

Un museo do pobo para o pobo, e todos os visitantes que queren vernos todas as idades

Onde estamos?

Museo Mares de Cedeira

Casa do Pescador - Camiño de Arealonga, 1

15350 Cedeira - A Coruña

maresdecedeira@gmail.com

Teléfono: 620 972 981

Horario apertura

Aberto de martes a domingos.

Horas de apertura. Verán (15 de Xulio a 15 Septembro)

10:30-13:30 da mañá e 17:30-19:30 da tarde

Horas de apertura. Inverno

10:30-13:30 da mañá única

Fóra das horas de visitas guiadas para grupos tamén están dispoñibles.